top of page

BIO

Natalia_Apiario.jpg

Natalia Alonso Ramos (Vilaronte-Foz, 1983) é licenciada en Xornalismo e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Santiago de Compostela. Inicia a súa traxectoria profesional en 2004 como redactora na delegación de Antena 3 Televisión en Galicia. En 2008, trasládase a Madrid para continuar traballando nos servizos informativos desta canle.

 

Ten exercido como redactora, articulista e xefa de sección no desaparecido Xornal de Galicia, e ten sido articulista na publicación dixital Vieiros. Dende 2010, está vinculada como investigadora á USC a través de diferentes proxectos de investigación e na actualidade traballa como xornalista no gabinete de comunicación desta universidade.

 

Impartiu a materia Estrutura do Sistema Cultural de Galicia no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural da Facultade de Humanidades en Lugo. En 2011, gañou o primeiro premio do 'VIII Certame Literario do Concello de Ames'. A síndrome de Hayworth, galardoado co 'Premio O Facho 2019', foi o seu primeiro poemario. En 2022, foi finalista do certame de narracións breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo e gañou o 'Premio de Poesía Filomena Dato' do Concello de Bergondo coa obra Advertencias para un traxecto boreal. 

bottom of page