top of page

"A caverna"

  • Foto del escritor: Natalia Alonso Ramos
    Natalia Alonso Ramos
  • 11 may 2020
  • 1 Min. de lectura

Mordaza en boca. Mans soltas coma lobas de sombra.


Na cova, a muller esculpe a caza. No libro, o home descubre a lapa.

Xeracións mozas ciscan papeis na fogueira.

Descubriron que a mazá de Eva resulta máis suculenta con cabelo de anxo por enriba.

É o poema unha pira funeraria onde os berros nunca se apagan.

Voces antigas e políglotas: a risa de Zenobia, o acento de Frida.

Cortar as unllas coa tesoira e non limar.

Só deixar que medren ata que se enganchen nos pantys.

As primeiras mulleres tamén prenderon as primeiras labaradas.

Pirómanas, transformadas, foi na vosa cripta onde se abrigou a palabra.


Natalia Alonso Ramos

De A síndrome de Hayworth (2019). Medulia Editorial. Premio de Poesía 'O Facho'

 
 
 

Comments


Sígueme!

  • Bluesky_Logo_edited
  • Facebook Social Icon
  • Instagram

© 2019 Natalia Alonso Ramos

bottom of page