"Todos e cada un"
- Natalia Alonso Ramos
- 25 may 2020
- 1 Min. de lectura

Albergas no rostro
o zume que percorre as arterias do libro
e agochas no peito
a raigaña da que emerxen os labirintos da palabra.
Todo permanece intacto no seu xiro inaudito.
Alberga o tronco milenario unha cortiza en espiral.
Regresarás á terra
cando as bágoas cesen e a dor,
no seu éxodo,
te transforme en territorio estéril.
Inerte, vivirás escoitando,
noutras voces, as verbas que noutrora che pertenceron
e cando o corvo interprete
a súa melodía de violín
sentirás a caída do froito
sobre o teu cadáver.
Natalia Alonso Ramos (2013)
Poema publicado no número 16 da revista Xistral
Comments