top of page

"Be quiet"

  • Foto del escritor: Natalia Alonso Ramos
    Natalia Alonso Ramos
  • 20 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 27 abr 2020



E despois de todo, sempre chega o silencio.


Pero non un silencio de bonecas amordazadas e tigres expectantes.

Pero non un silencio de intrusos noctámbulos e coitos clandestinos.


O vento deixa de soprar.

E despois de todo, o aire permanece intacto,

indispensable.


Natalia Alonso Ramos

De 'Un feixe de poesía na porta' (2013). Q de Vian Cadernos.

 
 
 

Comentarios


Sígueme!

  • Bluesky_Logo_edited
  • Facebook Social Icon
  • Instagram

© 2019 Natalia Alonso Ramos

bottom of page