top of page

"O templo"

  • Foto del escritor: Natalia Alonso Ramos
    Natalia Alonso Ramos
  • 9 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 27 abr 2020


Deberías comezar a buscarte

nos orificios do poema.

Na gruta de papel.

No ollo minuciosamente perfilado.

Construín, na túa honra,

este labirinto fecundo.

Templo desleigado da pureza.

E cada trabe contén

a miña lonxitude feble

de rutilante trazo exiguo.

O latexo nas tempas, por fortuna,

deu alimento ás Cariátides.

Mais dime, meu ben,

como te sentes?

Como te sentes agora?

Neste vieiro que se bifurca,

nesta cidade pantasma,

que todo o cura,

coa súa vocación eterna.

Dende a miña visión elevada,

de estatua grega,

eu observo a un home difuso

que acaba de comprenderse

no espello que o viola.


Natalia Alonso Ramos (2010)

Poema publicado no número 11 da Revista Lucense de Creación Poética Xistral.


 
 
 

Comments


Sígueme!

  • Bluesky_Logo_edited
  • Facebook Social Icon
  • Instagram

© 2019 Natalia Alonso Ramos

bottom of page