top of page

"Unha habitación"

  • Foto del escritor: Natalia Alonso Ramos
    Natalia Alonso Ramos
  • 27 abr 2020
  • 1 Min. de lectura


Abre a porta e escoita o golpe dos tacóns

contra os saloucos da madeira.


A continuación, sinte a cadencia dos teus propios pasos

deténdose a carón do teu cadáver.

Inclínate, con lentitude, e ule aquilo que noutrora fuches:

percibe o arrecendo do teu sangue

e unta con ela a nova pel que che medrou nas xemas.

Tingue de vermello os itinerarios de cada suco:

debuxa lava na boca dos volcáns,

contamina os ríos co lixo da experiencia.


Agora érguete e obsérvate por derradeira vez.

Prosigue a viaxe contigo mesma pero lonxe de ti.

Non deixes que o que fuches te perturbe

e non permitas que o que serás che disipe as brétemas.

Camiña trazando unha recta liña torcida.


Abre a porta e escoita o golpe dos tacóns, de novo.


Natalia Alonso Ramos

De 'Alén do silencio. 143 voces no firmamento literario con voz propia'' (2014)


 
 
 

留言


Sígueme!

  • Bluesky_Logo_edited
  • Facebook Social Icon
  • Instagram

© 2019 Natalia Alonso Ramos

bottom of page